As emisoras libres e comunitarias galegas Radio Piratona (Vigo), Radio Kalimera (Compostela), Cuac FM (A Coruña), Radio Roncudo (Corme), Radio Clavi (Lugo) e Radio Filispim (Ferrol), acordamos artellar esta rede, que funcionará de xeito ceibe e igualitario cos seguintes fins:
• Compartir as nosas experiencias e manter unha comunicación fluida
• Acadar o recoñecemento da nosa labor social
• Procurar a dignificación das nosas condicións de emisión
• Velar polo ben común das emisoras que compoñen a rede
A rede é unha experiencia que permanece aberta a aquelas emisoras libres e comunitarias, feitas por e para a cidadanía galega.