|
| NATURALMENTE CABANA VISITA CORME:
[20/11/2008 13:09:19] |
Continúa o proxecto Mares do Anllóns, dentro da programación Naturalmente Cabana. Os participantes desta actividade, organizada polo Concello de Cabana, visitarán Corme hoxe á tarde. Irán ó Cabo Roncudo e explicaráselles o proxecto da Fundación Torre Pujales, Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte.
|
| CONTINÚA O CICLO DE CINE ADICADO A BILLY WILDER
[20/11/2008 9:53:29] |
Continúa o ciclo de cine adicado a Billy Wilder na asociación de veciños "Eduardo Pondal" de Corme. Proxectarse o filme El apartemento, con Jack Lemmon e Shirley Mclaine. Ás 22.00h na asociación.
|
| COSTAS TAMÉN INFORMA TELEFONICAMENTE:
[19/11/2008 13:32:26] |
Según poidemos comprobar hoxe, calqueira afectado polo deslinde pode chamar ó teléfono Demarcación de Costas de Galicia na Coruña, 981 148 604, dando o nome e apelidos do propietario e referencia da finca, daranlle información persoalizada da situación na que se atopa.
|
| "FÍOS" DE DIANA VARELA XA ESTÁ NA RÚA:
[18/11/2008 22:14:30] |
A cormelana Diana Varela vén de publicar Fíos, a obra que que resultou galardoada co IV Premio de poesía Uxío Novoneyra no 2006, sendo a primeira obra da autora. Diana Varela xa foi galardoada co Premio de Poesía Díaz Jácome do Concello de Mondoñedo, tamén en 2006. Diana enviounos un exemplar para a Biblioteca de Corme, que xa está á disposición dos lectores.

|
| UNHA IMAXE CURIOSA:
[18/11/2008 19:31:26] |
Dende a Paxariña poden verse moitas cousas, entre outras, o que temos na imaxe. Por unha banda, o derrube de parte dun edificio no Chalé, por outra, a Serra, xa ben distinta do que era. Semella que en Corme xúntase a crise da construcción co auxe do derribo.

|
| XA SE PODE CONSULTAR NO CONCELLO A DOCUMENTACIÓN RELATIVA Ó DESLINDE DE COSTAS:
[17/11/2008 16:38:27] |
Xa se pode consultar no Concello de Ponteceso a información relativa ó deslinde de Costas. Toda a información está na Oficina Técnica Municipal e pode consultarse de luns a venres dende as 09:00h ás 14:30h. A Corme o arquitecto técnico desprázase os luns. É convinte que vaiades canto antes coa intención de que se presenten, chegado o caso, as alegacións oportunas.
|
| NOVA VITORIA DO CORME:
[16/11/2008 19:18:37] |
| |
|
Nestes intres somos
8 usuarios
|