PRAIAS
CORMELÁNS |
|
Furna
do Osmo: |
|
| Situada ó lado da praia do Osmo, na entrada do pobo de Corme. Trátase dunha furna de dimensión media, escollida por aqueles que aman a tranquilidade. Nesa furna, celébrase no mes de Xullo, e según coincidan as mareas, a chamada "Noite de Encantos", con actuacións de diversos tipos musicais. Ten servicio de socorrismo, apta para o baño. | ![]() |
Praia
da Hermida: |
|
| Esta é a praia máis longa de Corme, con unha lonxitude cercana ós 1000 metros. Accédese a ela, na mesma entrada de Corme, no cruce que hai cara a aldea de Gondomil, onde se atopa a Pedra da Serpe. Esta praia ten grandes dunas. Está dotada de aparcamento, duchas e xogos para os rapaces. Tamén ten servicio de socorrismo. Apta para o baño. | |
Praia
do Osmo: |
|
| Esta praia atópase ó lado da, xa comentada, Furna do Osmo. O seu acceso é o mesmo que para esta última, dende a entrada de Corme. Consta de aparcamento, duchas, campo de volley-praia, e servicio de socorrismo. As súas augas son aptas para o baño. | |
Praia
da Arnela: |
|
| Atópase no centro do pobo, e accédese a ela dende o paseo marítimo, que comeza na Rúa Virxe dos Remedios. Esta praia ten como característica principal o seu abrigo, que a protexe de todo tipo de correntes, e a fai moi cómoda para levar ós máis novos. Ten duchas e ofrecer servicio de socorrismo. | |
Praia
da Barda: |
|
| Esta praia está situada no límite da parroquia de San Adrián de Corme. Trátase dunha praia que actúa como porto refuxio de algúns mariñeiros dado o seu emplazamento. É importante recordar, que aínda que segura, esta praia non consta de servicio de socorrismo nin servicio algún, aínda que as súas augas son aptas para o baño, e non é recomendable, nembargantes, o baño, en días de temporal, dado que se atopa en mar aberto. | |
Outras
praias cormeláns: |
|
| Area
das Cunchas: Situada na estrada que vai ó Cabo Roncudo. Praia da Insua: Situada na mesma estrada. Praia de Gralleiras: Situada na mesma estrada. |
|