PERSOEIROS
ILUSTRES DE CORME
AVELINO RIVAS POMBO:
Consulta a biografía de Avelino: VER
SUSA DA CHASCA, A PARTEIRA DE CORME:
Consulta a biografía de Susa:VER
FRANCISCO
ANTONIO MOURELLE DA RÚA:
Naceu
en San Adrián de Corme, en Gondomil, o 17 de Xullo do ano 1750,
foi un dos derradeiros mariñeiros que regaron con nomes españois
os mapas do mundo. Amancio Landin Carrasco, que biografou a Mourelle
di del:"A los cuarenta y cinco años de edad, su balance de
navegación tenía este haber: 19 grandes viajes, seis de ellos de
más de un años de duración, tres viajes de descubrimiento por el
Pacífico, y una suma aproximada de 4950 días de mar, lo que hace
un total de 13 años y medio cabalgando sobre las olas". Ata
a súa morte ós 70 anos foi laureado pola Mariña Española en numerosas
ocasións. Descansa no Panteón de Mariñeiros Ilustres en Cádiz. >>VER+

FOTO
DO ALMIRANTE MOURELLE
JOSÉ
MARÍA MOSQUEIRA MANSO:
Naceu
no Porto de Corme en 1886 e morreu en 1968 en Caracas. Foi Oceanógrafo,
ictiólogo e mariñeiro. Publicou entre outros os siguintes libros:
"Carta Pesquera del Orinoco", "Ostra y perlas de
Venezuela", "Los cupleidos cuplea, la sardina","Las
tortugas del Orinoco", "La Cuna Gallega de Cristobal Colón".
Destaca a súa importancia pola relación con Castelao. Santiago de
Compostela foi a súa residencia estudiantil, e a Coruña marcou para
sempre o seu estilo literario. Castelao envioulle numerosas cartas,
polo que Mosqueira tiña grandes vinculos co galeguismo.No exilio
fundou o Lar Galego de Caracas. Mosqueira Manso nunca se olvidou
de que era cormelán, cantaba moitas veces o himno de Corme, escrito
por Don Luis Regueiro. VER +

FRANCISCO
RODRÍGUEZ SALETA:
Naceu
en Corme en 1890 e morre en 1970. Mariñeiro preferente e Cabo de
Mar, foi condecorado no ano 1913 coa Cruz Laureada de San Fernando
polo comportamento abordo da corbeta Nautilus, pois co risco da
súa vida salvou o barco e a tripulación durante un temporal a altura
de Fisterra.

FRANCISCO
RODRIGUEZ SALETA
MANUEL
PAILOS:
Naceu
en Corme no ano 1918. Emigrou coa súa familia ó Uruguay no 1923.
Escultor e sobre todo pintor. As súas obras estan espalladas por
todo o mundo. No ano 1991 a Xunta de Galicia organizou unha exposición
en Santiago no seu homenaxe, e encargoulle unha escultura de granito
para a Universidade. Todas as súas obras pertencen a Fundación Cecilia
de Torres.
Nunhas
liñas resumímosche todas as exposicións de Pailos:
| 1991 |
Manuel
Pailós, Santiago de Compostela, España |
| 1987 |
Los
Ideogramas de Manuel Pailós, Galería Bruzzone, Montevideo |
| 1985 |
Exposición
Manuel Pailós, Indepencia Municipal de Montevideo |
| 1984-76 |
Galería
Bruzzone, Montevideo |
| 1979 |
Manuel
Pailós, Galeria de Arte Basifud, São Paulo
Manuel Pailós, Museo de la Ciudad de Santa Fe, Argentina |
| 1967
& 65 |
Manuel
Pailós, Jockey Club de Montevideo |
| 1967
& 60 |
Manuel
Pailós, Amigos del Arte, Montevideo |
| 1966 |
Manuel
Pailós, Instituto General Electric, Montevideo |
Exibicións
en Grupo, lista parcial:
1998 |
Sixties
by Six, Cecilia de Torres, Ltd., New York
The School of the South, Anderson Gallery, Buffalo, New York
La Escuela del Sur - El Taller Torres-García, Iturralde Gallery,
Los Angeles, Cal. |
1997 |
A
Escola do Sul, Pavilhão Cultural Renée Behar, São Paulo, Brazil
La Escuela del Sur, Museo Bellas Artes, Caracas, Venezuela
T-G y 10 Artistas del Taller, Galería Ruth Benzacar, Buenos
Aires, Argentina
Dibujos en papel, Galería Clavé, Caracas, Venezuela
El Taller Torres-García, Museo Central de Costa Rica, San
José |
1996 |
Le
Cercle de Torres-García, Zabriskie Gallery, Paris
Constructive Universalism-School of the South, Museum of the
Americas, D. C. |
1995 |
65
Years of Constructivist Wood, Cecilia de Torres, Ltd., New
York |
1994 |
Torres-García
y la Escuela del Sur, Quinta Galeria,
Bogotá,Colombia |
1993- |
El
Taller Torres-García, The School of the South, Museo Reina
Sofia, Madrid; Archer M. Huntington Art Gallery, Austin,Texas;
Museo
de Monterrey & Museo Rufino Tamayo, Mexico; |
1991 |
The
Bronx Museum of Art, New York |
1989 |
Museo
Nacional de Artes Plásticas, Montevideo |
1979 |
Surrealismo:
Manuel Pailós, Montevideo |
1978 |
Instituto
Paraguayo-Americano, Asunción, Paraguay |
1973 |
XXXVII,
Salón Nacional de Artes Plásticas, Montevideo |
1972 |
XXXVI,
Salón Nacional de Artes Plásticas, Montevideo
Bienal de Coltejer, Medellín, Colombia |
1971 |
XXXV,
Salón Nacional de Artes Plásticas, Montevideo |
1970 |
I
Bienal de Escultura de Montevideo, Uruguay |
|