MONUMENTOS
DE CORME MÁIS REPRESENTATIVOS: |
|
CRUCIEROS
CORMELÁNS: Os cruceiros eran, antiguamente, punto de veneración cando se trasladaba os mortos a igrexa, hoxe indican o cruce de varios camiños. Moitos deles gozan de gran carisma, como o cruceiro da calle, que é punto de parada na procesión da patrona cormelán, a Virxe dos Remedios. |
![]() |
| LAVADEIROS
TRADICIONAIS: Os lavadeiros tradicionais xogaban un papel importante na literatura oral de Galicia. Corme conta con dous, un na rúa do Cubeiro, e outro na aldea de Froxán. Ámbolos dous foron usados ata pasar os anos 60. Este data de comezos do século XX. |
![]() |
| A
PEDRA DA SERPE, PEGADA CELTA: Tratase do monumento celta máis antigo de Galicia. Está situado na aldea de Gondomil, a 2 kilometros de Corme-Porto. É unha gran masa petreo en cuio lateral dereito hai unha figura dunha serpente alada , que parece que se está mordendo a cola. En Galicia o culto ofídico ten como principal referencia ó pobo celta. |
![]() |
| ESCUDO
DA FAMILIA DE MOURELLE DA RÚA: Escudo situado na rúa Xeneral Mourelle, na casa do Xeneral en Corme-Porto ( que non era a súa casa natal). É un escudo con tres séculos de historia, merce a pena estudialo un pocuo. |
![]() |
| MUIÑOS:
INXENIO GALEGO TAMÉN EN CORME: Corme conta con numerosos muíños, como todos sabedes, estes mecanismos aproveitan a enerxía da auga para moer fariña ou realizar outras tarefas. En Corme encontraremos moitos muiños, desgraciadamente, moitos deles, xa desapareceron. A Asociación de Veciños ten feitas Rutas de Sendeirismo por eles, para dalos a coñecer sobre todo a xuventude. |
![]() |
| AS
CRUCES DA MORTE E DA VIDA: Aínda que non son moi antigas, as cruces do cabo Roncudo adquiren unha gran relevancia e simbolismo no pobo de Corme. Como parte da costa da morte, Corme ten un gran respeto ó mar e demostrao con estes símbolos. O mar, é o deus que guía o destino dos mariñeiros. |
|
| PETROGLIFOS
DA ALDEA DO RONCUDO: Descubertos polo percebeiro, Suso Lista Neira no ano 1999, supoñen un rebulsivo turístico para Corme, debido a importancia no patrimonio de Galicia. Un análise da universidade compostelán revela a súa verdadeira importancia. Están situados no Roncudo. |
![]() |
OUTROS
MONUMENTOS DE INTERESE: |
|