ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CORME: PASADO, PRESENTE E FUTURO


Fundouse no 1971 por un grupo de xóvenes. Forman primeiro unha asociación xuvenil para poderse reunir. Legalízanse no ano 77, pero xa antes funcionaba como tal. O lugar de reunión era unha barraca de madeira que ardeu nun incendio. Remítote á hemeroteca da Avv, sección desta web, onde podes atopar toda a nosa traxectoria dende a fundación da entidade.

MANIFESTACIÓN DA CELULOSA 1978

Na actualidade, a Asociación de Veciños conta con 315 socios, unha das cifras máis altas da súa historia. Cada ano celebramos unha asamblea para rendir conta ós nosos asociados, e celebramos reunións extraordinarias cando temos que tomar decisións que poden ser de relevada importancia para o funcionamento da Asociación.

A directiva da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme está composta polos seguintes membros elixidos polos socios:

PRESIDENTE:
JOSÉ MANUEL FERREIRO CHANS
VICEPRESIDENTE:
LUIS SUÁREZ VARELA
SECRETARIO:
JUAN MANUEL DOURADO LEMA
TESOUREIRO:
JUAN MANUEL NEIRA CRUZ
VOCALES:
MARÍA DOSINDA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
MARÍA JOSÉ GARCÍA GARCÍA

JOSÉ RAMÓN VARELA COUSILLAS

ARACELI ARCAY SOUTO
SUSO LISTA NEIRA
ÓSCAR MANUEL REY CALO
MARTÍN VARELA DOURADO

Unha das claves desta nova Asociación é a atención ó socio, as portas están abertas 3 horas diarias. Tódolos días a histórica Asociación cormelán abre as súas portas dende as 18:00 ás 21:00.

Nestas tres horas de Luns a Domingo ofrecemos o servicio de Biblioteca, indiscriminadamente a tódolos veciños de Corme, aula de informática, servicio de fax así como todos os nosos cursos durante o ano.

Un dos retos máis importantes desta directiva é a cultura. A resposta ás necesidades de Corme desde este punto de vista, douna a Asociación creando unha Biblioteca totalmente informatizada para todos os veciños, a primeira Biblioteca de Corme, e denominase Biblioteca Eduardo Pondal. Esta biblioteca conta cunha aula de informática que requeríu un gran esforzo económico. Dende que a Asociación colocou a aula con internet (a primeira aula de Internet no Concello de Ponteceso ) ofrecese ós seus veciños un servicio indispensable no século XXI.

Ademáis na actualidade contamos cunha emisora de radio. Radio Roncudo no 106.3fm emite para numerosos concellos da costa da morte intentanto ofrecer unha radio diferente, libre e alternativa a todo o panorama comercial na actualidade. Este servicio tamén o ofrecemos a través de internet para abonados. Nada sería posible sen a axuda da emigración en Suiza, a asociación Suiza-Prestige.

Desde logo somos unha Asociación de Veciños, como tal, realizamos acción veciñal que vai dende queixas e peticións para as terras cormeláns, á participación en diversos proxectos de relevancia para Corme, como é o futuro Museo de Arte Contemporáneo que moi pronto se instalará na nosa localidade gracias a fundación Torre-Pujales. Remítote ás actividade da Avv dispoñibles dende corme.net.

Para finalizar decirvos que a Avv Eduardo Pondal ten un horizonte claro, este horizonte pasa pola defensa os 365 días do ano das terras cormeláns que van dende a Torre do Faro ata Corme-Porto pasando polos núcleos de Roncudo e Candelajo.