Sintonizade os distintos medios da comarca: Radio Nordés, Punto Radio, Radio Voz, Formula Hit, Os Corenta Principais, Radio Neria e Radio Roncudo para coñecer os pormenores desta edición da festa. Na prensa escrita poderás atoparnos en: La Voz de Galicia, Diario de Bergantiños, La Opinion de A Coruña, El Correo Gallego, Canal Voz, etc.
Xa case podemos decir que son un clásico. Levan vindo catro anos e a verdade é que se fan notar na festa. Un cento de compoñentes percorren cada edición da festa as rúas de Corme para darlle color e musicalidade ao pobo.
Logo de moitos anos alegrando as festas de Galicia, Asturias ou Zamora, a orquesta Melodía decidiu modernizar a súa imaxe no ano 2007. Unha nova montaxe, un camión escenario e sobre todo o cambio de nome foron o máis destacado esta tempada. Desde agora, nas súas festas poderán gozar da mellor múscia coa Orquesta Costa Azul. O cambio de nome implica a modernización e adecuación da orquesta aos novos tempos. Agora poderán gozar coa nosa nova montaxe, o noso camión escenario, que hara máis comodas as súas festas e sobre todo co rigor e a profesionalidad dos nosos oito músicos en escena.
Non deixamos de ser unha orquesta entretida, que aposta pola música de calidade e na que reina un ambiente familiar. Pero agora habémosnos modernizado, adecuámosnos ao que pide o público e esperamos que durante o 2008 sigan gozando connosco polo menos tanto como o fixeron aqueles que descubriron a nosa nova cara no 2007.
Comezamos co repaso aos grupos musicais que darán o toque festivo nas rúas do pobo. Actuará AMAGNIFIQUE BAND des hommes sans medo, que é unha banda de rúa de música dixie. Desde bandas galegas como Matraca Perversa, GalegoZ o The Sweat, levantan as rúas co seu ritmo imponente. 2 saxos, trompeta, tuba, trombón, guitarra e percusions son os instrumentos desta orixinal formación.
A organización da XVII Festa do Percebe do Roncudo porá a disposición dos visitantes un tren turístico para visitar o Cabo Roncudo e coñecer, por medio do Técnico de Turismo do Concello de Ponteceso, Javier Couto, como se recollen os percebes e coñecer a historia de Corme. Por outra banda, cada 40 minutos sairá do porto cormelán un barco de pasaxeiros para coñecer a ría e toda a historia que rodea a ría de Corme e Laxe.
Hoxe queremos presentar a outro dos nosos grandes patrocinadores, a empresa Cormenois Promociones S.L. Esta entidade promociona vivendas en Corme, Laxe e nas praias de Nois e ofrece vivendas no noso pobo dende 47.000 euros, con excelentes vistas ao mar.
Durante estos días iremos publicando imaxes sobre como se captura (ou apaña como aquí se di) o percebe, “O Rey”. Queremos agradecer ao noso colaborador José Ramón Varela a cesión destas imaxes que permitirán ir coñecendo un pouco máis como é o traballo dos percebeiros cormeláns.